Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Os congresos rexionais, oportunidades de amosar amor

Os congresos rexionais, oportunidades de amosar amor

Por que nos gustan tanto os congresos rexionais que celebramos cada ano? Tal como no antigo Israel, os congresos adoitan darnos a oportunidade de adorar a Xehová xunta centos, ou mesmo miles, dos nosos irmáns. Encántanos toda a información que alí recibimos e que nos axuda a estar máis preto de Xehová. Nestas ocasións tamén desfrutamos moito de pasar tempo coa familia e amigos. Sentímonos moi agradecidos por estes congresos e isto motívanos a querer asistir os tres días.

Cando temos a oportunidade de xuntarnos cos nosos irmáns, non deberiamos pensar só no proveito que nós imos tirar desta ocasión, senón en xeitos nos que poderemos amosar amor a outros (Gál 6:10; Heb 10:24, 25). Cando reservamos só os asentos que imos precisar ou lle aguantamos a porta aberta a un irmán, estamos mirando polos intereses dos demais (Flp 2:3, 4). Nos congresos tamén temos oportunidades únicas de facer novos amigos. Podemos poñernos o obxectivo de falar con alguén que non coñezamos na hora da comida, ou antes e despois do programa (2Co 6:13). Poida que comecemos amizades que duren toda a vida! E, sobre todo, cando outros vexan que amosamos verdadeiro amor, poida que decidan servir a Xehová xunta nós (Xn 13:35).

DESPOIS DE VER O VÍDEO CONGRESOS INTERNACIONAIS. “EL AMOR NUNCA FALLA”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como se lles amosou amor ós delegados visitantes que asistiron ós congresos internacionais do 2019?

  • Por que é tan extraordinario o amor e a unidade que hai no pobo de Xehová?

  • Que aspectos do amor cristián salientaron os membros do Consello Reitor?

  • Como podes contribuír ó amor que se amosa nos nosos congresos?

    Por que podemos dicir que o amor cristián venceu en Alemaña e en Corea do Sur?

  • Que deberiamos estar decididos a facer?