A NOSA VIDA CRISTIÁ
Pais, ensinádelles ós vosos fillos o que precisan saber
Vivimos nun mundo que intenta facernos pensar que o bo é malo e o malo é bo (Is 5:20). Tristemente, algunhas persoas fan cousas que Xehová odia, como ter unha conduta desapropiada con persoas do mesmo sexo. Compañeiros da escola ou outras persoas poden intentar facer presión para que os mozos cristiáns pensen coma eles. Como podes axudarlles ós teus fillos a facer fronte a estes e a outros desafíos semellantes?
Protexe os teus fillos ensinándolles as normas de Xehová (Lev 18:3). Pouco a pouco explícalles o que a Biblia di sobre o sexo. O que lles ensines debería depender da súa idade e do que poidan entender (Dt 6:7). Pregúntate: “Faleilles ós meus fillos sobre as mostras de afecto que son axeitadas, sobre vestir con modestia e sobre a importancia de que outros respecten a súa privacidade? Saberían que facer se alguén intenta que vexan pornografía ou lles pide que fagan algo que Xehová di que está mal?”. Falar con eles destes temas axudaralles a evitar moitos problemas (Pr 27:12; Ecl 7:12). Ó educar os teus fillos amosas canto estimas a valiosa herdanza que Xehová che deu (Sl 127:3).
DESPOIS DE VER O VÍDEO EDIFICA UNHA CASA QUE AGUANTE. PROTEXE OS TEUS FILLOS DO QUE É MALO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Por que algúns teñen reparos en ensinarlles ós seus fillos sobre sexo?
-
Por que deben os pais educar os seus fillos “na disciplina e na doutrina do Señor”? (Ef 6:4).
-
Que axudas lles deu a organización de Xehová ós pais para ensinarlles ós seus fillos sobre sexo? (w19.05-S páx. 12, recadro).
-
Por que deberías comunicarte cos teus fillos de xeito regular antes de que afronten problemas?