Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Organizados para predicarlles a todos

Organizados para predicarlles a todos

Tal como Xehová organizou os israelitas, tamén organiza hoxe en día o seu pobo para facer a súa vontade. Por todo o mundo, sucursais, circuítos, congregacións e grupos de predicación traballan xuntos para que se prediquen as boas novas. Levamos a mensaxe a tódalas persoas, incluídas as que falan un idioma distinto ó noso (Ap 14:6, 7).

Pensaches en aprender outro idioma para axudar a alguén a coñecer a verdade? Inda se non tes o tempo que se necesita para aprender outra lingua, podes usar a aplicación JW Language para aprender unha presentación sinxela. Entón, despois de usala na predicación, poderás sentir a mesma alegría que sentiron os cristiáns do primeiro século cando persoas doutros lugares quedaron admiradas ó escoitar “das grandezas de Deus” na súa propia lingua (Fei 2:7-11).

DESPOIS DE VER O VÍDEO FAITE AMIGO DE XEHOVÁ. PREDICA NOUTRO IDIOMA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Cando poderías usar a aplicación JW Language?

  • Cales son algunhas das súas características?

  • Persoas de tódalas linguas precisan escoitar as boas novas

    Que idiomas se falan na zona onde predicas?

  • Que debes facer se alguén que fala outro idioma amosa interese na mensaxe do Reino? (od-S páx. 100 pars. 39-41).