Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que aprendemos da vida de Samuel?

Que aprendemos da vida de Samuel?

Samuel foille fiel a Xehová durante toda a súa vida. Xa de neno, decidiu non ser coma os fillos de Elí, Hofní e Pinhás, que se portaban moi mal (1Sa 2:22-26). Mentres Samuel seguía crecendo, Xehová estivo ó seu lado (1Sa 3:19). E, xa de vello, seguiu servindo fielmente a Xehová a pesar de que os seus fillos non o fixeron (1Sa 8:1-5).

Que podemos aprender do exemplo de Samuel? Se es mozo, podes estar seguro de que Xehová entende os desafíos ós que te enfrontas e como te sentes. El pode axudarche a ser valente (Is 41:10, 13). Se es pai e os teus fillos non serven a Xehová, atoparás consolo ó saber que Samuel non puido obrigar os seus fillos adultos a ser fieis a Xehová e a seguir as Súas normas. El deixou os asuntos nas mans de Xehová, mantívose fiel e agradou ó seu Pai. Quizais o teu bo exemplo motive os teus fillos a volver a carón de Xehová.

DESPOIS DE VER O VÍDEO APRENDAMOS DO SEU EXEMPLO. SAMUEL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como demostrou valor Samuel cando era neno?

  • Como demostrou valor Dani?

  • Que bo exemplo puxo Samuel cando xa era vello?

  • Xehová está ó lado dos que se manteñen fieis

    Que bo exemplo puxeron os pais de Dani?