A NOSA VIDA CRISTIÁ
Podemos confiar no amor leal de Xehová
Xehová considéranos moi valiosos (Is 43:4). Atraeunos a el e á súa organización. Cando nos dedicamos e bautizamos, chegamos a pertencerlle a Xehová. El coidaranos como a súa propiedade especial, incluso cando teñamos problemas, e mostraranos amor leal mediante a súa organización (Sl 25:10).
Podemos aumentar o agradecemento que sentimos polo amor leal de Xehová vendo como actuou a súa organización ante os desastres naturais que houbo recentemente.
DESPOIS DE VER O VÍDEO INFORME DO COMITÉ DE COORDINADORES (2019), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como preparou o Comité de Coordinadores as sucursais de todo o mundo para actuar cando ocorren desastres?
-
Que instrucións e axuda práctica deu a organización de Xehová en Indonesia e Nixeria?
-
Que foi o que máis che impresionou da resposta que tivo a organización ante a pandemia da COVID-19?