A NOSA VIDA CRISTIÁ
Fortalece a túa fe na Palabra de Deus
A Palabra de Deus pode cambiar a túa vida (Heb 4:12). Pero para beneficiarte da súa guía e dos seus consellos, tes que estar convencido de que é “a palabra de Deus” (1Te 2:13). Como podes fortalecer a túa fe na Biblia?
Le un pouquiño da Biblia cada día. Cando leas, presta atención ás cousas que demostran que Xehová é o seu autor. Por exemplo, analiza os consellos que aparecen no libro de Proverbios e fíxate en como a súa sabedoría segue sendo práctica para nós hoxe (Pr 13:20; 14:30).
Empeza un proxecto de estudo. Ten claros os feitos que demostran que a Biblia é inspirada por Deus. Na Guía de estudio para los testigos de Jehová, vai ó tema “La Biblia” e busca o apartado “Inspirada por Dios”. Tamén podes fortalecer a túa fe en que a mensaxe da Biblia non foi cambiada estudando os artigos do tema de portada de La Atalaya número 4 do 2016 (dispoñibles en galego).
DESPOIS DE VER O VÍDEO POR QUE TER FE . . . NA PALABRA DE DEUS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como confirmou a veracidade da Biblia o descubrimento dun muro do templo de Karnak en Exipto?
-
Como sabemos que a mensaxe da Biblia non cambiou?
-
Por que o feito de que a Biblia aínda exista hoxe é unha proba de que é a Palabra de Deus? (Le Isaías 40:8).