Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Prepárate agora por se tes unha emerxencia médica

Prepárate agora por se tes unha emerxencia médica

Por que prepararse? Podemos sufrir unha emerxencia médica e ter que ser hospitalizados de repente e sen previo aviso. Por iso, fai todo o que poidas para prepararte antes de que teñas unha emerxencia e así será máis fácil que recibas a mellor atención médica posible. Ó facer isto, demostras respecto pola vida e pola lei de Xehová sobre o sangue (Fei 15:28, 29).

Que podes facer para prepararte?

  • Despois de orar, cubre coidadosamente a tarxeta de instrucións médicas (DPA). a Os publicadores bautizados poden conseguir esta tarxeta a través do servo de publicacións. Tamén poden obter a Tarjeta de identidad (ic) para os seus fillos menores de idade.

  • Se estás embarazada, pídelles ós anciáns da túa congregación unha copia do documento Información para mujeres embarazadas (S-401). Esta información axudarache a tomar boas decisións sobre problemas médicos que poidan aparecer durante o embarazo e o parto.

  • Se vas estar hospitalizado ou vas necesitar un procedemento médico que poida implicar o uso de sangue, avisa con antelación os anciáns da túa congregación e informa o hospital de que che gustaría recibir a visita dun representante das Testemuñas de Xehová.

Como che poden axudar os anciáns? Poden axudarche a cubrir a tarxeta de instrucións médicas. Pero non tomarán decisións médicas por ti nin darán a súa opinión persoal sobre asuntos que cada un debe decidir por si mesmo (Rm 14:12; Gál 6:5). Cando informes os anciáns de que vas necesitar un procedemento médico que pode implicar o uso de sangue, eles contactarán rapidamente co Comité de Enlace cos Hospitais (CEH).

Como che pode axudar o Comité de Enlace cos Hospitais? Os irmáns que serven neste comité recibiron formación para axudar ós profesionais médicos e do campo xurídico a entender a nosa posición con respecto ó sangue. Estes irmáns poden falar cos teus médicos sobre métodos que non impliquen o uso do sangue. E, se fose necesario, poden axudarche a encontrar un doutor que estea disposto a respectar a túa decisión.

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO TOMAR BOAS DECISIÓNS SOBRE O USO MÉDICO DO SANGUE, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:

  • Que aprendiches neste vídeo que che poida axudar a prepararte por se tes unha emerxencia médica que implique o uso de sangue?

a A lección 39 do libro Desfruta da vida para sempre! pode axudarche a tomar decisións sobre o uso médico do sangue.