Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Ponte metas para a época da Conmemoración

Ponte metas para a época da Conmemoración

Cada ano, as testemuñas de Xehová estamos desexando celebrar a Conmemoración. Especialmente durante esta época, aproveitamos toda oportunidade para honrar a Xehová e darlle grazas polo regalo do rescate (Ef 1:3, 7). Por exemplo, esforzámonos de corazón por invitar a outras persoas a que asistan á Conmemoración. Algúns fan axustes no seu horario para poder servir como pioneiros auxiliares. Durante os meses de marzo e abril, os pioneiros auxiliares poden escoller entre facer trinta ou cincuenta horas. Gustaríache dedicar máis tempo a predicar durante a época da Conmemoración? Que che pode axudar a conseguilo?

Normalmente, vainos mellor cando nos organizamos con tempo (Pr 21:5). Como xa falta pouco para a Conmemoración, agora é o momento de empezar a facer plans. Pensa en como poderías facer máis na predicación durante esa época e decide que vas facer para alcanzar as túas metas. Despois pídelle a Xehová que bendiga os teus esforzos (1Xn 5:14, 15).

Podes pensar nalgunhas formas de dedicar máis tempo a predicar durante a época da Conmemoración?