12-18 de febreiro
SALMOS 5-7
Canción sjj 118 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Mantente leal sen importar o que fagan os demais
(10 min)
Ás veces David perdeu a alegría polo que facían outros (Sl 6:7, 8 [6:6, 7, TNM]).
Pediulle axuda a Xehová en oración (Sl 6:3, 10 [6:2, 9, TNM]; w21.03 páx. 15 pars. 7, 8).
A súa forte confianza en Xehová axudoulle a manterse leal (Sl 6:11 [6:10, TNM]).
PREGÚNTATE: Estou construíndo unha fe que sexa forte e que me axude a manterme leal a Xehová sen importar as accións dos demais? (w20.07 páxs. 8-9 pars. 3, 4)
2. Xoias espirituais
(10 min)
Sl 5:9 (TNM). En que sentido é a garganta dos malvados coma unha tumba aberta? (it-2 páx. 1005)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Sl 7:2-12 (7:1-11, TNM) (th aspecto da oratoria 10).
4. Comeza conversas
(3 min) DE CASA EN CASA. (lmd lección 1 punto 3)
5. Comeza conversas
(2 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Sen falar da Biblia, cóntalle á persoa de forma natural que es unha testemuña de Xehová (lmd lección 2 punto 4).
6. Cultiva o interese
(2 min) DE CASA EN CASA. A persoa quere discutir contigo (lmd lección 4 punto 5).
7. Explica as túas crenzas
(4 min) Escenificación. ijwfq 64. Título: “Por que as testemuñas de Xehová non participan en cerimonias nacionalistas?” (lmd lección 3 punto 4).
Canción sjj 99
8. Informe anual de servizo
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio. Despois de ler o anuncio da sucursal acerca do informe anual, invita os presentes a comentar outros detalles positivos do Informe mundial das Testemuñas de Xehová do ano de servizo 2023. Entrevista algúns publicadores previamente seleccionados que tivesen experiencias animadoras na predicación o ano pasado.
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 5 pars. 16-22 e recadro da páx. 42.