Ir ó contido

Ir ó índice

15-21 de xaneiro

XOB 36-37

15-21 de xaneiro

Canción sn 12 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Podes confiar na promesa de Deus da vida eterna

(10 min)

Xehová vive para sempre (Xob 36:26; w15 1/10 páx. 13 pars. 1, 2).

Xehová ten a sabedoría e o poder para manter a vida (Xob 36:27, 28, TNM; w20.05 páx. 22 par. 6).

Xehová ensínanos como obter vida eterna (Xob 36:4, 22; Xn 17:3).


A nosa fe forte na promesa de Deus da vida eterna é coma unha áncora que nos estabiliza (Heb 6:19, TNM; w22.10 páx. 28 par. 16).

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Xob 37:20. Como se comunicaban as noticias e a información nos territorios bíblicos? (it-1 páx. 519)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Xob 36:1-21 (th aspecto da oratoria 2).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA (lmd lección 3 punto 3).

5. Cultiva o interese

(4 min) DE CASA EN CASA (lmd lección 2 punto 5).

6. Explica as túas crenzas

(5 min) Discurso. ijwfq 57 pars. 5-15. Título: “Por que foron perseguidas as testemuñas de Xehová durante o Holocausto?” (th aspecto da oratoria 18).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sn 11

7. Prepárate para situacións que necesiten atención médica ou unha cirurxía

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio a cargo dun ancián.

A organización de Xehová deunos ferramentas para axudarnos a obedecer a súa lei de absternos de sangue (Fei 15:28, 29). Estás usándoas ben?

Tarxeta Declaración de voluntades anticipadas (DPA) e Tarjeta de identidad (ic): Estas tarxetas resumen os desexos do paciente sobre o uso médico do sangue. Os publicadores bautizados poden pedirlle unha tarxeta DPA ó servo de publicacións e tamén unha Tarjeta de identidad para os seus fillos menores de idade. Sempre deberiamos levar con nós estas tarxetas. Se necesitas enchela ou actualizala, non o deixes para máis tarde.

Información para mujeres embarazadas (S-401) e Información para pacientes que necesitan cirugía o quimioterapia (S-407): Estes documentos axudarannos a reducir os riscos ou a evitar unha situación seria sobre o uso do sangue. Pídelles ós anciáns unha copia do documento que necesites se estás embarazada ou se necesitas cirurxía ou tratamento para o cáncer.

Comité de Enlace cos Hospitais (CEH): Os membros do CEH son anciáns preparados que recibiron unha formación para informar os médicos e os publicadores sobre asuntos relacionados co sangue. Poden falar co teu médico dos tratamentos alternativos que eviten as transfusións de sangue. Se é necesario, poden axudarche a encontrar un doutor que respecte a túa decisión. Están dispoñibles as 24 horas do día e os 7 días da semana. Contacta co CEH o antes posible en calquera situación onde sexa necesario a hospitalización, unha cirurxía ou terapia (como o tratamento para o cáncer), incluso se pensas que non será necesaria unha transfusión de sangue. Isto aplícalles tamén ás embarazadas. Se necesitas axuda, pídelle a un ancián a información de contacto do CEH.

Pon o VÍDEO Comités de enlace cos hospitais. Como nos axudan? Despois fai a seguinte pregunta:

Como pode axudarche o CEH se estás pasando por unha situación na que necesitas tratamento médico ou unha cirurxía?

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 67 e oración