Ir ó contido

Ir ó índice

26 de febreiro–3 de marzo

SALMOS 11-15

26 de febreiro–3 de marzo

Canción sjj 139 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Imaxínate no Paraíso

(10 min)

Que a xente non respecte a lei e a orde provoca que haxa violencia (Sl 11:2, 3; w06 15/5 páx. 18 par. 3).

Podemos confiar en que Xehová acabará pronto coa violencia (Sl 11:5, TNM; wp16.4 páx. 11).

Pensar na promesa de que Xehová nos salvará axudaranos a esperar con paciencia a que chegue o novo mundo (Sl 13:6 [13:5, 6, TNM]; w17.08 páx. 7 par. 15).

INTENTA ISTO: Le Ezequiel 34:25 e imaxina que estás neste lugar tan pacífico (kr páx. 236 par. 16).

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 14:1. Como pode afectarlles ós cristiáns esta actitude? (w13 15/9 páx. 20 par. 12)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 13:2–14:7 [13:1–14:7, TNM] (th aspecto da oratoria 2).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(2 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Invita a persoa á Conmemoración (lmd lección 5 punto 3).

5. Comeza conversas

(1 min) DE CASA EN CASA. Invita a persoa á Conmemoración (lmd lección 3 punto 4).

6. Comeza conversas

(3 min) DE CASA EN CASA. Unha persoa mostra interese na invitación á Conmemoración (lmd lección 7 punto 4).

7. Fai discípulos

(5 min) lff lección 13 resumo, repaso e “Intenta isto”. Usa un artigo da sección “Investiga” para axudarlle ó teu estudante a entender o que sente Deus sobre a relixión falsa (th aspecto da oratoria 12).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sn 49

8. “Millor é a sabedoría que non as armas guerreiras”

(10 min) Discurso con comentarios do auditorio.

A violencia está aumentando por todo o mundo. Xehová sabe que isto pode causarnos moita ansiedade. Tamén entende que necesitamos protección, e unha forma na que o fai é mediante a súa Palabra (Sl 12:6-8 [12:5-7, TNM]).

“Millor é a sabedoría [da Biblia] que non as armas guerreiras” (Ecl 9:18, SBG). Examina os seguintes principios da Biblia que poden axudarche a protexerte da violencia.

  • Ecl 4:9, 10. Evita estar só en zonas e situacións pouco seguras.

  • Pr 22:3 (TNM). Cando esteas con xente mantente sempre alerta sobre o que pasa ó teu redor.

  • Pr 26:17. Non te involucres nas discusións dos demais.

  • Pr 17:14 (TNM). Marcha se parece que vai suceder algo violento. Ponte lonxe dos grupos de xente que protestan.

  • Lc 12:15. Nunca arrisques a vida para protexer os teus bens.

Pon o VÍDEO Sigue o exemplo de persoas de fe. Imita a Henoc, non a Lámec. Despois fai a seguinte pregunta:

Como influíu o exemplo de Henoc nas decisións e na conduta do pai do vídeo cando se enfrontou á violencia? (Heb 11:5)

Nalgunhas situacións, un cristiáns quizais sinta a necesidade de facer todo o posible por defenderse a si mesmo e ós seus bens. Neste caso, terá que asegurarse de evitar matar alguén (Sl 51:16 [51:14, TNM]; ver “Preguntas de los lectores” de La Atalaya de xullo de 2017).

9. A campaña da Conmemoración empeza o sábado 2 de marzo

(5 min) Discurso a cargo dun ancián. Explica os plans da congregación para a campaña, o discurso especial e a Conmemoración. Recórdalles ós publicadores que poden ser pioneiros auxiliares facendo 15 horas durante os meses de marzo e abril.

10. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sn 31 e oración