8-14 de xaneiro
XOB 34-35
Canción sjj 30 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Cando a vida parece inxusta
(10 min)
Recorda que Xehová nunca é o causante das inxustizas (Xob 34:10, TNM; wp19.1 páx. 8 par. 2).
Aínda que pode parecer que as persoas malas non reciben ningún castigo, non se poden esconder de Xehová (Xob 34:21-26, TNM; w17.04 páx. 10 par. 5).
A mellor forma de axudarlles ás vítimas de inxustizas é falarlles de Xehová (Xob 35:9, 10; Mt 28:19, 20; w21.05 páx. 7 pars. 19, 20).
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Xob 35:7. Que quixo dicir Elihú cando lle preguntou a Xob: “Que vai recibir [Deus] da túa man”? (w17.04 páx. 29 par. 3)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Xob 35:1-16 (th aspecto da oratoria 10).
4. Comeza conversas
(3 min) DE CASA EN CASA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 10 punto 3).
5. Comeza conversas
(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Móstralle a unha persoa que ten fillos pequenos como encontrar información útil para os pais en jw.org (lmd lección 1 punto 4).
6. Fai discípulos
(5 min) lff lección 13 punto 5 (lmd lección 11 punto 3).
Canción snnw 141
7. Gústache predicar informalmente?
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Paulo pediulle a Timoteo: “Predica a palabra; faino con urxencia” (2Ti 4:2, TNM). O verbo grego que se traduce por “faino con urxencia” usábase ás veces nun contexto militar para falar dun soldado ou garda que estaba sempre preparado para a acción. Esta expresión describe moi ben o noso desexo de estar sempre alerta por se hai unha oportunidade de predicar cando falamos con alguén.
O noso amor por Xehová e agradecemento por todo o que fixo por nós motívanos a contarlles ós demais o marabilloso que é.
Le Salmo 71:8. A continuación fai a seguinte pregunta:
Que cousas boas sobre Xehová che gustaría contarlles a outros?
O noso amor pola xente tamén nos motiva a predicarlles informalmente.
Pon o VÍDEO Como encontraron a verdade centos de persoas. A continuación fai as seguintes preguntas:
-
Como lles axudou a predicación informal a centos de persoas a encontrar a verdade?
-
Como se beneficiaron estes membros da igrexa de aprender a verdade?
-
Por que amar as persoas motívanos a predicar informalmente?
-
Por que pensas que a predicación informal é unha maneira moi boa de axudar ás persoas a coñecer a Xehová?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 4 recadro da páx. 33.