Ir ó contido

Ir ó índice

6-12 de xaneiro

SALMOS 127-134

6-12 de xaneiro

Canción sjj 134 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Pais, seguide coidando do valioso regalo que tedes

(10 min)

Os pais poden confiar en que Xehová lles axudará a coidar das necesidades da súa familia (Sl 127:1, 2).

Os fillos son un regalo moi valioso de Xehová (Sl 127:3; w21.08 páx. 5 par. 9).

Educa cada neno tendo en conta as súas necesidades individuais (Sl 127:4; w19.12 páx. 26 par. 20).

A Xehová faille moi feliz cando os pais confían nel e fan todo o que poden por coidar dos seus fillos.

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 128:3. Por que compara o salmista os fillos a gromos, ou brotes, dunha oliveira? (it-1 páx. 543)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 132:1-18 (th aspecto da oratoria 2).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. (lmd lección 1 punto 3)

5. Comeza conversas

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. A persoa di que cre en algo que non está de acordo co que di a Biblia (lmd lección 5 punto 4).

6. Fai discípulos

(5 min) lff lección 16 puntos 4, 5. Fala co teu estudante dos plans que fixeches para que poida continuar o estudo mentres ti estás de viaxe (lmd lección 10 punto 4).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 13

7. Pais, estades usando esta ferramenta tan eficaz para ensinarlles ós vosos fillos?

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

A organización de Xehová fixo moitos artigos, vídeos e outras publicacións para axudar ós pais a ensinarlles ós seus fillos sobre Xehová. Pero, aínda así, unha das mellores ferramentas que teñen os pais é o seu bo exemplo (Dt 6:5-9).

Xesús usou esta ferramenta tan poderosa para ensinarlles leccións ós seus discípulos.

Le Xoán 13:13-15, e a continuación fai a seguinte pregunta:

  • Por que dirías que lle foi efectivo a Xesús usar o seu exemplo como método de ensinanza?

As túas accións como pai ou nai poden reforzar as cousas que lles ensinas de palabra ós teus fillos. O teu exemplo tamén fará que respecten o que lles ensinas e te escoiten con máis atención.

Pon o VÍDEO Ensinámoslles ás nosas fillas co noso exemplo, e a continuación fai as seguintes preguntas:

  • Que importantes leccións lles ensinaron os irmáns Garcia ás súas fillas?

  • Como che axuda este vídeo a seguir poñéndolle un bo exemplo ós teus fillos?

8. Estudo bíblico de congregación

(30 min) bt cap. 20 pars. 13-20.

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 73 e oración