Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Por que non o probas durante un ano?

Por que non o probas durante un ano?

Probar o que? Ser pioneiro! Gozarás de moitísimas bendicións! (Pr. 10:22).

COMO PIONEIRO, PODERÁS...

  • mellorar as túas habilidades e desfrutar máis da predicación.

  • estreitar a túa relación con Xehová; canto máis fales del a outros, máis presentes terás as súas marabillosas calidades.

  • experimentar o sentido de logro que dá poñer o Reino diante dos teus intereses persoais, e a felicidade de facer cousas polos demais (Mt. 6:33; Feit. 20:35).

  • asistir á reunión que se celebra durante a visita do responsable do circuíto cos pioneiros da congregación, á reunión especial cos pioneiros do circuíto, e ó Curso para Pioneiros.

  • ter máis oportunidades de comezar e dirixir cursos da Biblia.

  • pasar máis tempo con outros irmáns, animándovos mutuamente (Rm. 1:11, 12).