A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Ás vellas, coma a nais; ás mozas, coma a irmás”
As Escrituras din que tratemos os irmáns e irmás maiores coma se fosen os nosos pais e nais, e os mozos coma se fosen os nosos irmáns e irmás (le 1 Timoteo 5:1, 2). Especialmente os homes teñen que tratar as irmás con dignidade e respecto.
Un irmán nunca flirtearía cunha irmá nin faría nada que a fixese sentir incómoda (Xob 31:1). Un irmán solteiro nunca xogaría cos sentimentos dunha irmá solteira facéndolle pensar que está interesado en ter unha relación romántica con ela cando non é así.
Os anciáns deben escoitar con atención as irmás cando respectuosamente lles fan unha pregunta ou incluso cando lles falan dalgún asunto que poida requirir atención. Deben ser especialmente considerados coas irmás que non teñen un marido que as protexa (Rut 2:8, 9).
DESPOIS DE VER O VÍDEO AMOSEMOS NA CONGREGACIÓN O AMOR QUE NUNCA FALLA. ÁS VIÚVAS E ÓS ORFOS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como amosou a congregación amor pola irmá Myint?
-
Que efecto tivo nos veciños o amor que demostrou a congregación?
-
Que efecto tivo nas fillas da irmá Myint o amor que lles mostrou a congregación?
De que maneiras prácticas podes amosar que te preocupas polas irmás da túa congregación e que as queres?