A NOSA VIDA CRISTIÁ
Como usar as conversas de mostra
Os irmáns traballan moito para preparar as conversas de mostra, e moitos publicadores viron que son efectivas na zona onde predican. Pero as circunstancias son diferentes en cada lugar do mundo. Por iso, cando predicamos, podemos darlle un enfoque diferente ás conversas de mostra ou usar outro tema que sexa máis atraente para as persoas da zona. Por suposto, todos debemos seguir as instrucións que se dan para as campañas especiais. O noso obxectivo é cumprir coa obra que nos encargou Xesús de predicar as boas noticias do Reino (Mt 24:14).
Cando temos que presentar unha intervención na reunión de entre semana, debemos usar o tema da conversa de mostra que aparece no Caderno de Estudo Vida e Actividades. Non obstante, a menos que se indique o contrario, podemos cambiar a pregunta, o texto, a pregunta pendente ou a situación para adaptalos ás circunstancias locais. Esta información actualiza o que se publicou na páxina 8 do Caderno de Estudo de xuño de 2020.