Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ | PONTE METAS PARA O PRÓXIMO ANO DE SERVIZO

Faite pioneiro

Faite pioneiro

Usamos ben as nosas enerxías cando nos poñemos metas para aumentar o noso servizo a Xehová (1Co 9:26). As metas axúdannos a usar sabiamente o pouco tempo que lle queda a este sistema (Ef 5:15, 16). Podemos aproveitar a adoración en familia para poñernos metas para o próximo ano de servizo? Este Caderno de Estudo contén varios artigos con diferentes metas para que poidas pensar nelas e orarlle a Xehová (Snt 1:5).

Por exemplo, podería colaborar toda a familia para que algún membro sexa pioneiro regular? Se non estás seguro de poder cumprir co requisito de horas, fala con outros pioneiros que teñan circunstancias similares ás túas (Pr 15:22). Unha boa idea é que algún pioneiro regular vos acompañe na adoración en familia e fale da súa experiencia. Poderías pensar e anotar varios horarios diferentes. Se xa fuches pioneiro antes, analiza se as túas circunstancias che permiten volver a selo.

Hai alguén na familia que poida ser pioneiro auxiliar un ou máis meses? Se non tes moi boa saúde ou che faltan as forzas, poderías predicar un pouquiño cada día. Se non tes moito tempo porque traballas todo o día ou estás estudando, podes escoller un mes no que teñas vacacións ou que teña cinco fins de semana. Despois, marca nun calendario os meses que escolliches e escribe o horario que pensaches (Pr 21:5).

DESPOIS DE VER O VÍDEO SEDE VALENTES, PIONEIROS, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:

  • Como che ensina a experiencia de Aamand que Xehová coida dos que se esforzan por ser pioneiros?