Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Axuda á túa familia a ser máis feliz

Axuda á túa familia a ser máis feliz

Xehová quere que as familias sexan felices (Sl 127:3-5; Ecl 9:9; 11:9). Pero podemos perder a alegría por culpa do estrés que provoca este mundo e dos erros que ás veces cometemos. Como pode cada un axudar á súa familia a ser máis feliz?

O home honra a súa muller (1Pe 3:7TNM). Pasa tempo con ela, non espera dela algo que non poida facer e demóstralle que está agradecido polo que fai por el e pola familia (Col 3:15). Demóstralle que a quere, fala ben dela e felicítaa (Pr 31:28, 31).

A muller busca maneiras de apoiar o seu home (Pr 31:12). Ela mantense suxeita a el e coopera con el (Col 3:18TNM). Trátao con cariño, tanto cando fala con el como cando fala del a outros (Pr 31:26TNM).

Os pais pasan tempo cos seus fillos (Dt 6:6, 7). Dinlles a miúdo o moito que os queren (Mt 3:17). Cando os disciplinan, fano con cariño e equilibrio (Ef 6:4).

Os fillos honran e obedecen os seus pais (Pr 23:22). Cóntanlles ós seus pais o que pensan e senten. Aceptan a disciplina que lles dan e demóstranlles respecto (Pr 19:20).

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO TER UNHA FAMILIA FELIZ, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:

• Que fixo cada un para axudar á súa familia a ser máis feliz?