Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Cales son as túas metas para o próximo ano de servizo?

Cales son as túas metas para o próximo ano de servizo?

As metas espirituais son todo aquilo polo que traballamos duro para poder servir a Xehová máis plenamente e facelo feliz. Estas metas axúdannos a ser cristiáns maduros, así que vale a pena dedicarlles o noso tempo e enerxías (1Ti 4:15). Por que debería revisar as miñas metas cada pouco? Porque as circunstancias poden cambiar. Unha meta que nos puxemos no pasado pode que xa non sexa realista ou que xa a alcanzásemos e necesitemos poñernos outra.

Un bo momento para revisar as nosas metas é antes de empezar o ano de servizo. Por que non o falades na adoración en familia e vos poñedes algunhas metas persoais e outras como familia?

Que metas específicas te puxeches nos seguintes campos, e que pasos tes pensado dar para conseguilas?

Lectura da Biblia, estudo persoal, asistencia ás reunións e participación con comentarios (w02-S 15/6 páx. 15 pars. 14, 15):

Predicación (w23.05 páx. 27 pars. 4, 5):

Calidades cristiás (w22.04-S páx. 23 pars. 5, 6):

Outros: