Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Imitemos o amor leal de Xehová

Imitemos o amor leal de Xehová

Xehová é o mellor exemplo que podemos ter de amor leal (Sl 103:11). Este amor non é un sentimento de cariño temporal senón que implica un cariño profundo e duradeiro. Xehová demostrou este amor polos israelitas de moitas maneiras. El liberounos da escravitude en Exipto e levounos á Terra Prometida (Sl 105:42-44). Tamén loitou por eles e perdoou continuamente os seus pecados (Sl 107:19, 20). Analizar “con interese os actos de amor leal de Xehová” motívanos a imitalo (Sl 107:43TNM).

DESPOIS DE VER O VÍDEO ANALIZA “CON INTERESE OS ACTOS DE AMOR LEAL DE XEHOVÁ”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • De que maneiras podemos demostrar amor leal?

  • Por que temos que facer sacrificios para demostrar amor leal?