A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”
Cando os inimigos intentaron impedir que os israelitas reconstruísen o templo, os traballadores esforzáronse por establecer a base legal para seguir coa obra (Esd 5:11-16). De xeito parecido, os cristiáns hoxe en día facemos o necesario para defender e establecer legalmente as boas noticias (Flp 1:7, TNM). Para conseguilo, creouse o Departamento Legal na sede central en 1936. Hoxe en día, este departamento organiza a defensa dos intereses do Reino por todo o mundo. Que fai o Departamento Legal da Sede Central para axudar á obra do Reino e ó pobo de Deus?
DESPOIS DE VER O VÍDEO VISITA Ó DEPARTAMENTO LEGAL DA SEDE CENTRAL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
A que desafíos legais se enfrontaron as Testemuñas de Xehová?
-
Pon un exemplo das vitorias legais que conseguimos.
-
Como podemos cada un de nós seguir “defendendo e establecendo legalmente as boas noticias”?
-
Na nosa páxina web en español están dispoñibles as novidades legais que afectan ás Testemuñas de Xehová e unha lista dos irmáns que meteron no cárcere pola súa fe. En que sección podemos encontrar esta información?