Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Traballan duro por nós

Traballan duro por nós

Os superintendentes de circuíto e as súas mulleres demostran amor desinteresado polos demais. Coma todos nós, teñen as súas propias necesidades e ás veces poden estar cansados, desanimados e preocupados (Snt 5:17). Aínda así, cada semana céntranse en animar e axudar ós irmáns da congregación que visitan. Os superintendentes de circuíto realmente “son dignos dun dobre honor” (1Ti 5:17).

Cando o apóstolo Paulo organizou a súa visita a Roma para transmitirlles “algún don espiritual” ás congregacións da zona, estaba desexando poder animalos e tamén que o animasen a el (Rm 1:11, 12). Pensaches algunha vez en como animar o superintendente de circuíto e a súa muller, se está casado?

DESPOIS DE VER O VÍDEO A VIDA DUN SUPERINTENDENTE DE CIRCUÍTO NUNHA ZONA RURAL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • De que maneiras demostran amor desinteresado pola congregación os superintendentes de circuíto e as súas mulleres?

  • Como te beneficiaches persoalmente dos seus esforzos?

  • Como poderías animalos ti?