Ir ó contido

Ir ó índice

15-21 de xullo

SALMOS 63-65

15-21 de xullo

Canción sn 18 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. “O teu amor é mellor cá vida”

(10 min)

Unha boa relación con Xehová é mellor cá vida (Sl 63:4 [63:3, TNM]; w01 15/10 páxs. 15-16 pars. 17, 18).

Canto máis pensemos nas veces que Xehová nos demostrou o seu amor leal máis o amaremos (Sl 63:7 [63:6, TNM]; w19.12 páx. 28 par. 4; w15 15/10 páx. 24 par. 7).

Apreciar o amor leal de Deus motívanos a honralo con alegría (Sl 63:5, 6 [63:4, 5, TNM]; w09 15/7 páx. 16 par. 6).

IDEA PARA A ADORACIÓN EN FAMILIA: Falade das maneiras nas que Xehová vos mostrou o seu amor leal.

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 64:4 (64:3, TNM). Como nos motiva este versículo a falar de forma positiva? (w07 15/11 páx. 15 par. 6)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 63:2–64:11 (63:1–64:10, TNM) (th aspecto da oratoria 12).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(2 min) DE CASA EN CASA. A persoa non fala o mesmo idioma ca ti (lmd lección 3 punto 4).

5. Comeza conversas

(2 min) PREDICACIÓN INFORMAL. A conversación termina antes de que poidas predicar (lmd lección 2 punto 4).

6. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Descubre que tema lle interesa á persoa e fai os plans necesarios para seguir coa conversa noutro momento (lmd lección 1 punto 5).

7. Explica as túas crenzas

(4 min) Escenificación. ijwfq 51. Título: “Por que as testemuñas de Xehová seguen vindo pola miña casa se lles dixen que non me interesa?” (lmd lección 4 punto 3).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 154

8. Como lle mostramos o noso amor a Deus?

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Xehová está “cheo de amor leal” (Sl 86:15, TNM). A expresión “amor leal” refírese a un amor motivado polo compromiso, a integridade, a lealdade e un profundo cariño. Aínda que Xehová lles mostra amor a tódalas persoas en xeral, o “amor leal” é o que garda para as persoas que teñen unha relación especial con el, os seus servos (Sl 33:18, TNM; 63:4 [63:3, TNM]; Xn 3:16, TNM; Fei 14:17). Nós podemos demostrar que apreciamos o seu amor leal cando tamén o amamos. Como? Obedecendo os seus mandatos, incluído o de facer discípulos (Mt 28:19; 1Xn 5:3).

Pon o VÍDEO Amosemos na predicación o amor que nunca falla. Despois fai as seguintes preguntas:

Como nos vai motivar o amor a compartir as boas noticias cando...

  • ...esteamos cansados?

  • ...nos enfrontemos á oposición?

  • ...fagamos as nosas actividades diarias?

9. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción snnw 139 e oración