29 de xullo–4 de agosto
SALMO 69
Canción sjj 13 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Algúns sucesos da vida de Xesús estaban preditos no Salmo 69
(10 min)
A Xesús odiárono sen ningún motivo (Sl 69:5 [69:4, TNM]; Xn 15:24, 25; w11 15/8 páx. 11 par. 17).
Xesús sentía respecto pola casa de Xehová (Sl 69:10 [69:9, TNM]; Xn 2:13-17; w10 15/12 páx. 8 pars. 7, 8).
Xesús sentiu unha gran dor emocional e ofrecéronlle viño mesturado con herbas amargas (Sl 69:21 [69:20, TNM]; 69:21, TNM; Mt 27:34; Lc 22:44; Xn 19:34; g95 22/10 páx. 31 par. 4; it-2 páx. 669).
PENSA NISTO: Por que incluíu Xehová as profecías sobre o Mesías nas Escrituras Hebreas?
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Sl 69:31, 32 (69:30, 31, TNM). Como poden axudarnos estes versículos a mellorar a calidade das nosas oracións? (w99 15/1 páx. 18 par. 11)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Sl 69:2-26 (69:1-25, TNM) (th aspecto da oratoria 2).
4. Paciencia. Que fixo Xesús?
(7 min) Discurso con comentarios do auditorio. Pon o VÍDEO e a continuación comenta o folleto Facer discípulos lección 8 puntos 1-2.
5. Paciencia. Imita o exemplo de Xesús
(8 min) Discurso con comentarios do auditorio baseado no folleto Facer discípulos lección 8 puntos 3-5 e “Ver tamén”.
Canción sjj 134
6. Asuntos locais
(5 min)
7. Principios para a adoración en familia
(10 min) Discurso con comentarios do auditorio.
En xaneiro do 2009, as dúas reunións de entre semana que tiñamos combináronse nunha soa. Isto deulles ás familias tempo libre cada semana para ter a súa propia adoración en familia. Moitos comentaron que agradecen este cambio porque lles axudou a estar máis cerca de Xehová e tamén uns dos outros (Dt 6:6, 7).
Que principios lles poden axudar ás familias a ter unha boa adoración en familia?
-
Facela con regularidade. Se é posible, marca un momento de cada semana para a adoración en familia. Ten unha alternativa no caso de que suceda algo inesperado.
-
Prepararse. Consulta a túa muller e, nalgunha ocasión, pídelles algunha idea ós teus fillos. Non é necesario que pases moito tempo preparándoa, sobre todo se á túa familia lle gusta facer o mesmo tipo de actividades cada semana.
-
Adaptar o programa á familia. Cando os nenos se van facendo maiores as súas necesidades e habilidades cambian. O programa ten que axudar a cada membro da familia a fortalecer a súa fe en Xehová.
-
Manter un ambiente cariñoso e relaxado. Se vai bo tempo, pensade en facer o estudo ó aire libre algunha vez. Sentídevos libres de facer descansos. Aínda que é bo tratar problemas ós que se enfrontan os nenos, non usedes a adoración en familia para criticar nin disciplinar.
-
Ter variedade. A sesión pode incluír preparar un cachiño da seguinte reunión, ver e falar sobre un vídeo de jw.org ou ter sesións prácticas para predicar. Aínda que o máis importante na adoración en familia é que faledes entre vós, tamén podedes apartar un tempo para que cada un faga o seu estudo persoal.
Fai a seguinte pregunta:
-
Como probastes a aplicar estes principios na vosa adoración en familia?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 13 pars. 8-16 e recadro da páx. 105.