SALMOS 45-51
TESOUROS DA BIBLIA |Xehová non despreza o corazón contrito
David escribiu o Salmo 51 despois de que o profeta Natán chamara a atención sobre o seu grave pecado con Batxeba. A conciencia de David aflixíao, e confesou humildemente (2 Sam. 12:1-14).
David pecara pero aínda podía recuperarse espiritualmente
51:5, 6, 10-14, 19 (51:3, 4, 8-12, 17, NM)
-
Antes de arrepentirse e confesar, a súa conciencia facíao sentir moi desgraciado.
-
Era tal a angustia que sufría pola desaprobación de Deus, que se sentía coma se lle machucasen os ósos todos.
-
Ansiaba o perdón, recuperar a súa relación con Xehová, e a ledicia da que gozara anteriormente.
-
Suplicoulle humildemente a Xehová que o axudase a cultivar o desexo de obedecer.
-
David estaba seguro de que Xehová o perdoaría.