Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

El Reino: cien años y sumando

El Reino: cien años y sumando

Os que desexan ser cidadáns do Reino de Deus deberían aprender todo o posible do Reino e o que leva acadado. Por que? Porque iso lles permitirá fortalecer a súa fe en que o Reino de Deus está gobernando, e tamén os animará a predicar as boas novas deste Reino (Sal. 45:1; 49:3 [45:2; 49:4, NM]). Mentres ves o vídeo El Reino: cien años y sumando, trata de atopar as respostas ás seguintes preguntas:

  1. Por que o “Foto-Drama de la Creación” foi unha bendición para os que o viron?

  2. Como se usou a radio para levar as boas novas á xente?

  3. Que outros métodos se usaron para predicar as boas novas, e con que resultados?

  4. Co paso dos anos, como foi mellorando a formación para predicar?

  5. Que preparación práctica recibiron os asistentes ó Curso Bíblico Galaad?

  6. Que importancia teñen os congresos na educación das testemuñas de Xehová?

  7. Que te convence de que o Reino de Deus está gobernando?

  8. Como demostramos o noso apoio ó Reino de Deus?