A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Deus é a miña axuda”
Os Salmos 52-59 expresan os sentimentos de David cando tivo que facer fronte a diferentes probas na súa vida. Aínda así, neses momentos difíciles seguiu confiando en Xehová (Sal. 54:6 [54:4, NM]; 55:23 [55:22, NM]). Tamén enxalzou a Xehová pola Súa palabra (Sal. 56:11 [56:10, NM]). Estamos cultivando a mesma clase de fe e confianza no noso Deus? Acudimos á súa Palabra en busca de guía cando encaramos dificultades? (Pr. 2:6) Que textos da Biblia te axudaron cando...
-
te sentiches desanimado ou deprimido?
-
estiveches enfermo?
-
alguén te ofendeu?
-
sentiches presión ou acoso por parte doutros?