SALMOS 34-37
TESOUROS DA BIBLIA |Confía en Xehová e fai o ben
“Non [...] envéxe-los malfeitores”
37:1, 2
-
Non permitamos que a prosperidade temporal dos malfeitores nos distraia de servir a Xehová. Manteñámonos concentrados nas nosas bendicións e metas espirituais.
“Confía no Señor e fai o ben”
37:3
-
Confiemos en que Xehová nos apoiará se temos dúbidas ou preocupacións. El axudaranos a manternos fieis.
-
Manteñámonos ocupados compartindo as boas noticias do Reino de Deus.
“Pon as delicias no Señor”
37:4
-
Apartemos tempo para ler e reflexionar na Palabra de Deus co obxectivo de chegar a coñecer mellor a Xehová.
“Encomenda ó Señor o teu porvir”
37:5, 6
-
Confiemos totalmente en que Xehová nos axudará cando teñamos calquera tipo de problema.
-
Manteñamos unha boa conduta cando afrontemos oposición, acoso ou mentiras sobre nós.
“Descansa no Señor e espera nel”
37:7-9
-
Evitemos accións precipitadas que nos rouben a felicidade ou nos poñan en perigo espiritual.
“Os humildes [...] herdan a terra”
37:10, 11
-
Esforcémonos por ser mansos, e esperemos con humildade o tempo no que Xehová elimine calquera inxustiza que suframos.
-
Apoiemos os nosos irmáns, e consolemos os que atravesen problemas emocionais coa promesa do novo mundo que temos ás portas.