A NOSA VIDA CRISTIÁ
Axudemos ós nosos fillos a triunfar de verdade
Os pais temerosos de Deus queren que os seus fillos cheguen a ser fieis servos de Xehová. Poden axudarlles a conseguilo inculcándolles as ensinanzas da Biblia dende pequenos (Dt. 6:7; Pr. 22:6). Sen dúbida, isto require un gran sacrificio, pero a recompensa ben paga a pena (3 Xn. 4).
Os pais poden aprender moito do exemplo de María e Xosé. A Biblia di deles: “Polas festas da Pascua seus pais ían tódolos anos a Xerusalén” (Lc. 2:41). Realizar esta viaxe supoñía moito traballo, e tamén diñeiro. Está claro que o máis importante para eles era que a súa familia se achegase a Xehová. Os pais poden guiar os seus fillos na dirección correcta se aproveitan tódalas oportunidades para ensinarlles de palabra e co exemplo (Sal. 127:3-5).
DESPOIS DE VER O VÍDEO APROVEITARON TÓDALAS OPORTUNIDADES, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que fixeron Jon e Sharon Schiller para que servir a Xehová seguise sendo prioritario mentres criaban os seus fillos?
-
Por que os pais deben adaptar a cada fillo a súa forma de ensinar, educar e corrixir?
-
Como poden preparar os pais ós seus fillos para afrontar probas de fe?
-
De tódalas ferramentas que a organización pon á nosa disposición, cales usaches para axudarlles ós teus fillos a ter unha amizade con Xehová?