Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Evitemos os perigos das redes sociais

Evitemos os perigos das redes sociais

POR QUE É IMPORTANTE. Coma calquera ferramenta, as redes sociais poden ser útiles, pero tamén poden facernos dano. Algúns cristiáns optan por non usar as redes sociais, e outros úsanas para estar en contacto coa familia e os amigos. Porén, o Demo quere que as usemos mal, e isto pode danar a nosa reputación e a nosa relación con Xehová. Tal e como fixo Xesús, acudamos ós principios bíblicos para identificar e evitar os posibles perigos (Lc. 4:4, 8, 12).

OS PERIGOS:

  • O tempo que pasamos. Botar horas e horas nas redes sociais quítanos tempo que poderiamos dedicarlles ás actividades cristiás.

    Principios bíblicos: Ef. 5:15, 16; Flp. 1:10

  • Os contidos cuestionables. Mirar imaxes provocativas pode converternos en adictos á pornografía ou levarnos a condutas sexuais que Xehová non aproba. Por outra banda, a nosa fe pode verse danada se lemos información ou blogs de apóstatas.

    Principios bíblicos: Mt. 5:28; Flp. 4:8

  • Os comentarios ou as fotos desapropiados. Como o corazón é traizoeiro, podemos vernos tentados a publicar comentarios ou fotos que estean fóra de lugar. Se facemos algo así, podemos danar a reputación doutra persoa ou provocar que se debilite a fe de alguén.

    Principios bíblicos: Rm. 14:13; Ef. 4:29

DESPOIS DE VER O VÍDEO SE ENREDAS COAS REDES, NON TE ENREDES!, PENSA EN COMO EVITAR AS SEGUINTES SITUACIÓNS: