Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sigamos atentamente os pasos de Cristo

Sigamos atentamente os pasos de Cristo

Xesús púxonos o exemplo a seguir, especialmente cando afrontamos probas ou persecución (1 Pe. 2:21-23). Cando o insultaban, nunca tomaba represalias, mesmo se estaba a sufrir (Mc. 15:29-32). Que lle axudou a aguantar? Estar decidido a facer a vontade de Xehová (Xn. 6:38), e centrado na “ledicia que o agardaba” (Heb. 12:2).

Como reaccionamos cando nos tratan mal por mor das nosas crenzas? Os verdadeiros cristiáns non volven “mal por mal a ninguén” (Rm. 12:14, 17). Se seguimos o exemplo de Cristo cando estamos a sufrir, contaremos coa aprobación de Xehová, e iso fainos felices (Mt. 5:10-12; 1 Pe. 4:12-14).

DESPOIS DE VER O VÍDEO O NOME DE XEHOVÁ É O MÁIS IMPORTANTE, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que bo uso lle deu a irmá Gertrud ó tempo que pasou illada?

  • Que sufrimentos tiveron que pasar os Pötzinger * nos distintos campos de concentración?

  • Que lles axudou a aguantar?

Cando suframos, sigamos atentamente os pasos de Cristo

^ par.7 Ou tamén Poetzinger.