Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | GÁLATAS 4-6

Unha representación con moito significado

Unha representación con moito significado

4:24-31

O apóstolo Paulo utilizou unha representación para explicar que o novo pacto é superior ó pacto da Lei. Baixo a supervisión de Cristo e os seus coherdeiros, a humanidade poderá vivir libre do pecado, da imperfección, da dor e da morte (Is. 25:8, 9).

 

AGAR, A ESCRAVA

Os israelitas baixo o pacto da Lei, con Xerusalén como a súa capital

SARA, A MULLER LIBRE

A “Xerusalén de arriba”, a parte celestial da organización de Deus

OS FILLOS DE AGAR

Os xudeus que prometeran obedecer a Lei de Moisés e que perseguiron e rexeitaron a Xesús

OS FILLOS DE SARA

Cristo e os 144.000 cristiáns unxidos

ESCRAVOS DO PACTO DA LEI

A Lei lembráballes ós israelitas que eran escravos do pecado

LIBRES GRAZAS Ó NOVO PACTO

Os israelitas poderían verse libres do pecado poñendo fe no sacrificio de Xesús