A NOSA VIDA CRISTIÁ
Que podemos aprender dos irmáns de experiencia?
Nas congregacións hai irmáns e irmás que levan décadas servindo a Xehová . Podemos aprender moito da súa confianza absoluta nel. Por que non lles pedimos que nos conten sobre a historia da nosa organización e sobre como Xehová lles axudou a superar os problemas? Mesmo podemos invitalos á noite de adoración en familia para que nos conten algunhas das súas experiencias.
Se es un destes irmáns de experiencia, síntete coa liberdade de falarlles da túa fe ós máis novos. Por exemplo, Xacob e Xosé faláronlle da súa fe á familia (Xén. 48:21, 22; 50:24, 25). Tempo despois Xehová dixo que os cabezas de familia debían falarlles ós fillos do seu poder (Dt. 4:9, 10; Sal. 78:4-7). Na actualidade, tanto os pais como outros irmáns na congregación poden falarlles ós máis novos do que Xehová leva feito por medio da súa organización.
DESPOIS DE VER O VÍDEO UNIDOS MALIA A PERSECUCIÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que fixo a sucursal de Austria para axudar os irmáns dalgúns países onde a nosa obra estaba proscrita?
-
Que fixeron os irmáns destes países para que a súa fe seguise sendo forte?
-
Por que moitos predicadores de Romanía abandonaron a organización de Xehová, e como volveron?
-
Como fortalecen a túa fe estas experiencias?