Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 34

Fagamos honor ó noso nome

Fagamos honor ó noso nome

(Isaías 43:10-12)

1. Gran poderoso, glorioso, eterno,

xustos sendeiros ofreces, Xehová.

Mandas a luz e a túa verdade,

son quen nos guían no bo camiñar.

Que gran pracer estar onda teu pobo,

xuntos e unidos queremos servir.

(REFRÁN)

Ser testemuñas, que gran privilexio!

Sendo os teus servos queremos vivir!

2. Ir predicar e levar o teu nome

únenos máis ós irmáns en amor.

Fonte de luz e de sabios consellos,

somos espellos do teu esplendor.

Grazas, Xehová, por contar con nosoutros,

o teu gran nome poder difundir.

(REFRÁN)

Ser testemuñas, que gran privilexio!

Sendo os teus servos queremos vivir!

(Ver tamén Dt. 32:4; Sal. 43:3; Dn. 2:20, 21.)