Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 32

Manteñámonos firmes e inabalables!

Manteñámonos firmes e inabalables!

(1a Corintios 15:58)

1. A xente non sabe do que virá,

vive con medo do que pasará.

Pero Xehová coidará ben dos seus:

inabalables en Deus!

(REFRÁN)

Ben firmes nós imos ser,

ó mundo non pertencer.

Sempre fortes na fe, sempre leais a El.

2. Mil tentacións Satanás vai poñer,

a nosa mente desexa vencer.

Se camiñamos na lei de Xehová,

sempre nos axudará.

(REFRÁN)

Ben firmes nós imos ser,

ó mundo non pertencer.

Sempre fortes na fe, sempre leais a El.

3. Ó noso Deus desexamos servir,

de corazón, no seu pobo vivir.

Do seu gran Reino debemos falar,

xa que moi pronto ha chegar!

(REFRÁN)

Ben firmes nós imos ser,

ó mundo non pertencer.

Sempre fortes na fe, sempre leais a El.

(Véxase tamén Lc. 21:9; 1a Pe. 4:7.)