Canción 13
Oración de grazas
(Salmo 95:2)
1. A ti, que escoitas a nosa oración,
oh, Deus, louvámoste con devoción!
Ben abaixados estamos, Señor,
pra que ti coides de nós con amor.
Débiles somos, sabémolo ben,
de non pecar, non che somos nós quen.
Como Xesús o seu sangue entregou,
de ti podemos obter o perdón.
2. Canta ledicia sentimos, Xehová,
pois nos teus adros podemos morar.
De leis e normas que ben nos farán,
as túas verbas cheíñas están.
Grazas por sempre tendernos a man,
pois dásnos forzas pra nunca cansar.
Sen ti non somos nadiña, Xehová,
sobre o teu Reino habemos falar.
3. Nós devecemos por que reine o ben
na Terra toda xa feita un Edén.
Moita fartura o teu Reino ha prover,
morte e desgrazas xa non vai haber.
O noso rei pronto vai destruír
todo o que hai neste mundo ruín.
Por iso unimos as voces, Xehová,
a túa gloria queremos cantar!
(Ver tamén Sal. 65:3, 5, 12 [65:2, 4, 11, NM]; Flp. 4:6.)