Canción 49
Xehová, ti es o meu refuxio
(Salmo 91)
1. Ti e-lo meu refuxio,
en quen confiarei.
Ti e-lo meu arrimo,
en quen me apoiarei.
Ós xustos has de protexer;
se caen, pódelos erguer.
Xehová, sempre me axudas;
cando trema, a ti correrei.
2. Aínda se hai miles
caendo ó meu carón,
ben sei que sempre teño
a túa protección.
Do xuízo que executarás,
eu sei que ti me librarás.
Camiño sen ter medo,
agardando a liberación.
3. Á noite non lle temo
porque e-lo meu gardián.
Calquera sufrimento
seméllame livián.
Axúdasme a non caer
se ves que vou desfalecer.
Xehová, o meu refuxio,
termas forte da miña man.
(Ver tamén Sal. 97:10; 121:3, 5; Is. 52:12.)