Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 140

A vida do pioneiro

A vida do pioneiro

Descargar:

(Eclesiastés 11:6)

  1. Inda o sol non se ve, a mañá non naceu,

    mais xa vou predicar,

    vou orándolle a Deus

    ó saír.

    Falarei de Xehová sen deixar de sorrir,

    algúns van escoitar,

    outros nin van parar... hei seguir.

    (REFRÁN)

    A Xehová elixín,

    non hai vida mellor,

    o que pida, eu quero facer.

    Veña choiva ou sol,

    eu irei predicar;

    deste xeito, direi a Xehová:

    “Quérote”.

  2. Case o sol xa marchou, velaí o solpor;

    canso, pero feliz,

    torno deste labor,

    e direi:

    “Grazas, Deus, que honor é poder ser dos teus,

    o mellor vouche dar;

    sempre cerca de ti estarei”.

    (REFRÁN)

    A Xehová elixín,

    non hai vida mellor,

    o que pida, eu quero facer.

    Veña choiva ou sol,

    eu irei predicar;

    deste xeito, direi a Xehová:

    “Quérote”.

(Ver tamén Xos. 24:15; Sal. 92:3 [92:2NM]; Rm. 14:8.)