CANCIÓN 117
A bondade de Deus
(2 Crónicas 6:41)
-
1. Noso Pai, ti es bondade,
ti es santo, es leal,
xeneroso, dadiveiro,
non hai outro Deus igual.
Moitos erros cometemos,
mais concedes o perdón.
Ben sabemos que mereces
ser louvado, oh Señor.
-
2. A bondade que demostras,
procuramos reflectir:
predicamos, ensinamos,
isto fala ben de ti.
Os pastores, os ensinos,
son bondades que nos dás.
Que nos guíe a bondade
que ti mostras, oh Xehová.
-
3. Os meus actos de bondade,
Deus, bendice, por favor.
Sempre trate eu a outros
con bondade, con amor.
A familia, os amigos,
con bondade, tratarei.
Tendo esta calidade
a meu Pai imitarei.
(Ver tamén Sal. 103:10; Mc. 10:18; Gál. 5:22; Ef. 5:9.)