Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 126

Moi valentes, firmes e alerta

Moi valentes, firmes e alerta

(1 Corintios 16:13)

  1. 1. Manteñámonos moi firmes,

    decididos a aguantar.

    A vitoria é segura,

    pero temos que loitar.

    A Xesús seguimos con valor,

    xunta o Rei tomamos posición.

    (REFRÁN)

    Moi valentes, firmes e alerta,

    preparados ata o fin.

  2. 2. Manteñámonos atentos

    escoitando as instrucións,

    obedientes ó escravo,

    vén de Cristo a dirección.

    Os consellos que os anciáns nos dan

    son axudas pra seguir leais.

    (REFRÁN)

    Moi valentes, firmes e alerta,

    preparados ata o fin.

  3. 3. Manteñámonos unidos,

    predicando cos irmáns.

    Somos miles dando honra

    ó gran nome de Xehová.

    O seu pobo non se vai deter,

    o Armaxedón está a caer!

    (REFRÁN)

    Moi valentes, firmes e alerta,

    preparados ata o fin.

(Ver tamén Mat. 24:13; Heb. 13:7, 17; 1 Ped. 5:8.)