CANCIÓN 137
As nosas fieis irmás
(Romanos 16:2)
-
1. Sara, Ester, María, Rut mais outras...
cantas mulleres fieis ó seu Creador.
Grandes exemplos de fe e devoción!
Delas, moito nós podemos imitar.
Doutras non sabemos nin o nome,
mais afoutas foron servindo a Xehová.
-
2. Fe, compaixón, amor e lealdade,
son calidades que quero imitar.
Estas mulleres soubéronas mostrar
e poñernos o exemplo a seguir.
Mais tamén agora, neste tempo,
moitas son as servas do noso Deus feliz.
-
3. Fillas e nais, casadas e solteiras,
sempre dispostas, querendo axudar.
Con humildade, servides a Xehová.
O labor que vós facedes con gran fe
noso Deus non vai pasar por alto.
Moito el vos quere, seguide sendo fieis.
(Ver tamén Flp. 4:3; 1 Tim. 2:9, 10; 1 Pe. 3:4, 5.)