CANCIÓN 21
Pon primeiro sempre o Reino
-
1. Cristo reina xa no ceo.
Que feliz está Xehová!
Por fin temos un goberno
que co mal acabará.
(REFRÁN)
Pon primeiro sempre o Reino
e a xustiza de Xehová.
Se a vida lle confías,
el xamais che vai fallar!
-
2. Non esteas preocupado
por comer ou por beber.
Se primeiro po-lo Reino,
non tes nada que temer.
(REFRÁN)
Pon primeiro sempre o Reino
e a xustiza de Xehová.
Se a vida lle confías,
el xamais che vai fallar!
-
3. Predicarlles ás persoas
ten que se-lo primordial,
ir falar do paraíso
e do Reino que virá.
(REFRÁN)
Pon primeiro sempre o Reino
e a xustiza de Xehová.
Se a vida lle confías,
el xamais che vai fallar!
(Ver tamén Sal. 27:14; Mat. 6:34; 10:11, 13; 1 Ped. 1:21.)