CANCIÓN 29
Fagamos honor ó noso nome
(Isaías 43:10-12)
-
1. Pai poderoso, glorioso, eterno,
ti es perfecto en xustiza e amor.
Fonte de sabedoría infinita,
es noso Rei, Soberano Señor.
Fainos felices estar no teu pobo
e a verdade do Reino anunciar.
(REFRÁN)
Ser Testemuñas, que gran privilexio!
O teu gran nome queremos honrar.
-
2. Ir predicar cos irmáns e amigos
fai forte o lazo de amor entre nós.
Cando ensinámo-la túa verdade
somos espellos do teu esplendor.
Grazas, Xehová, por contar cos teus servos,
de ti queremos a outros falar.
(REFRÁN)
Ser Testemuñas, que gran privilexio!
O teu gran nome queremos honrar.
(Ver tamén Deut. 32:4; Sal. 43:3; Dan. 2:20, 21.)