Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 40

A que deus servirás?

A que deus servirás?

(Romanos 14:8)

  1. 1. A que deus servirás?

    A cal vas obedecer?

    Aquel a quen dás adoración

    é o teu dono, teu señor.

    Se queres ser feliz,

    non podes servir a dous.

    Terás que escoller, non hai outra opción,

    ti tóma-la decisión.

  2. 2. A que deus servirás?

    A cal vas obedecer?

    Só hai un real, o Creador,

    o que merece adoración.

    Escolle a Xehová,

    xamais te arrepentirás.

    Entrégalle a el o teu corazón,

    non hai mellor elección.

  3. 3. A quen serei leal?

    Sen dúbida, a Xehová!

    Ninguén me mostrou maior amor,

    por min seu Fillo entregou.

    A vida lle darei,

    a el me dedicarei.

    Por sempre serei o seu servo fiel,

    o nome del honrarei.

(Ver tamén Xos. 24:15; Sal. 116:14, 18; 2 Tim. 2:19.)