Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 45

O sentir do meu corazón

O sentir do meu corazón

(Salmo 19:15 [19:14, NM])

  1. 1. O meu sentido corazón

    medita pra te compracer.

    Xehová, recibe, por favor,

    o meu sentir, a miña fe.

    E cando non poida durmir,

    ou chore sen me consolar...

    entón meditarei en ti,

    sabendo que me coidarás.

  2. 2. Meditarei sempre no fiel,

    no verdadeiro, no formal,

    no xusto, no que me fai ben,

    en todo canto me dá paz.

    Graciñas, Pai, por ser tan bo,

    pensar en ti nunca ten fin.

    Ben gardarei no corazón

    o que medito sobre ti.

(Ver tamén Sal. 49:4 [49:3, NM]; 63:7 [63:6, NM]; 139:17, 23; Flp. 4:7, 8; 1 Tim. 4:15.)