CANCIÓN 56
Vive a verdade
(Proverbios 3:1, 2)
-
1. Servir a Xehová e vivi-la verdade
darache máis felicidade.
Camiña con el e desfruta da viaxe.
Non hai unha vida mellor!
(REFRÁN)
Queres ser feliz?
A verdade túa fai.
Pon nas mans de Deus
a túa vida.
Só así o lograrás!
-
2. As cousas que fas por Xehová cada día
prodúcenlle moita alegría.
Agora terás recompensas na vida
e pronto un futuro mellor.
(REFRÁN)
Queres ser feliz?
A verdade túa fai.
Pon nas mans de Deus
a túa vida.
Só así o lograrás!
-
3. Ó lado de Deus, somos coma meniños,
el guíanos con agarimo.
Confía en Xehová, sentiraste querido.
Feliz para sempre serás!
(REFRÁN)
Queres ser feliz?
A verdade túa fai.
Pon nas mans de Deus
a túa vida.
Só así o lograrás!
(Ver tamén Sal. 26:3; Prov. 8:35; 15:31; Xoán 8:31, 32.)