Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 61

Adiante, Testemuñas!

Adiante, Testemuñas!

(Lucas 16:16)

  1. 1. Firmes, valentes, os servos de Xehová

    falamos das boas noticias sen parar.

    O Demo intenta deternos,

    pero ó lado de Deus avanzaremos.

    (REFRÁN)

    Adiante sen dubidar, temos que anunciar

    que pronto Xesús sobre a terra reinará.

    En cada lugar do planeta escoitarán

    que o Reino nos dá esperanza.

  2. 2. Non é momento de luxos ir buscar.

    Tampouco querémo-lo mundo contentar.

    Limpeza moral manteremos

    e xamais a Xehová renunciaremos.

    (REFRÁN)

    Adiante sen dubidar, temos que anunciar

    que pronto Xesús sobre a terra reinará.

    En cada lugar do planeta escoitarán

    que o Reino nos dá esperanza.

  3. 3. Moitos desprezan o noso Creador,

    burlóns que se negan a darlle adoración.

    Louvemos a Deus ante o mundo,

    o seu nome levemos con orgullo.

    (REFRÁN)

    Adiante sen dubidar, temos que anunciar

    que pronto Xesús sobre a terra reinará.

    En cada lugar do planeta escoitarán

    que o Reino nos dá esperanza.

(Ver tamén Éx. 9:16; Filip. 1:7; 2 Tim. 2:3, 4; Sant. 1:27.)