CANCIÓN 67
“Pregoa a Palabra”
(2 Timoteo 4:2)
-
1. Deus encargounos un labor
que require humildade, valor.
Mañá, tarde, noite, eu irei
falar do bo que é o noso Rei!
(REFRÁN)
Vou predicar
que xa vén Harmaguedón.
Anunciar
que virá liberación.
Espallar
boas novas con amor.
Pregoar
a salvación!
-
2. Sei que problemas han de vir;
apatía, burlas imos sufrir.
Mais sei que Xehová non deixará
que fique o labor sen rematar.
(REFRÁN)
Vou predicar
que xa vén Harmaguedón.
Anunciar
que virá liberación.
Espallar
boas novas con amor.
Pregoar
a salvación!
-
3. Sei que teremos tempos bos;
a mensaxe tocará corazóns.
Entón sentireime moi feliz:
o Nome de Xehová eu defendín!
(REFRÁN)
Vou predicar
que xa vén Harmaguedón.
Anunciar
que virá liberación.
Espallar
boas novas con amor.
Pregoar
a salvación!
(Ver tamén Mt. 10:7; 24:14; Feit. 10:42; 1 Pe. 3:15.)