Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 68

Colaboremos en botar a semente do Reino

Colaboremos en botar a semente do Reino

(Mateo 13:4-8)

  1. 1. Xesús invitounos a todos

    a colaborar xunta el.

    Ensínanos como facelo,

    seus pasos seguimos con fe.

    Botamos semente sen descansar,

    buscámo-los bos corazóns.

    Cumprímo-lo noso labor con afán,

    sempre damos de nós o mellor.

  2. 2. O éxito dos teus esforzos,

    en parte depende de ti.

    Predica e sigue atento

    ós mansos que queiran oír.

    Problemas e probas van encarar,

    axúdalles a ser leais.

    Ó ve-la semente do Reino medrar,

    gran ledicia e gozo terás.

(Ver tamén Mt. 13:19-23; 22:37.)