Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 7

Xehová é a nosa forza

Xehová é a nosa forza

(Isaías 12:2)

  1. 1. Oh, Deus, o noso refuxio ti es,

    os teus protexes co teu gran poder!

    Dáno-las forzas pra ir predicar,

    sexa que escoiten ou manden marchar.

    (REFRÁN)

    Confiamos en ti, non hai que temer,

    a nosa forza de ti provén.

    Ti e-la Roca, glorioso Xehová,

    es un recuncho de calma e paz.

  2. 2. Moita alegría sentimos, Xehová,

    por ve-la luz que a verdade nos dá.

    Os teus consellos permítennos ver

    que obedecerte nos vai protexer.

    (REFRÁN)

    Confiamos en ti, non hai que temer,

    a nosa forza de ti provén.

    Ti e-la Roca, glorioso Xehová,

    es un recuncho de calma e paz.

  3. 3. Con alegría, Pai, imos seguir

    inda que o Demo nos faga sufrir.

    Mesmo se a vida nos queren quitar,

    fieis ó teu Reino seremos, Xehová.

    (REFRÁN)

    Confiamos en ti, non hai que temer,

    a nosa forza de ti provén.

    Ti e-la Roca, glorioso Xehová,

    es un recuncho de calma e paz.

(Ver tamén 2 Sam. 22:3; Sal. 18:2; Is. 43:12.)